Manu Blanco ficha por Iron Mountain

Iron Mountain Surfboards ven de fichar a Manu Blanco para o seu equipo na categoría de Open Surf. Manu Blanco ten 18 anos e vai competir no circuito galego co apoio de Iron Mountain e Novalbos Surf Shop.

Manu é un surfeiro moi rápido cunha gran facilidade pra se facer tubos, encántalle tirarse na barra de Patos e ten un gran futuro por diante.

Con esta nova fichaxe o equipo de Román Díez conta con Manu Fernandez en infantil, Manu Blanco en Open e Antonio Varela en longboard. Agora está buscando algunha rapaza interesada en formar parte do seu equipo.

Manu blanco no tubo

Fonte da nova:

http://ironmountainsurfboards.blogspot.com


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com