Homenaxe a Roberto Fariña "Titaniuss"


O vindeiro domingo 28 de novembro celebraranse os actos en homenaxe á figura de Roberto Fariña, " Titaniuss", pioneiro do surf en Galicia, cofundador da marca "RUFOS SURFBOARDS" e unha persoa moi querida por todos os surfeiros.

Os actos estarán compostos por:

-11:30h PRAIA DO MATADOIRO: A Coruña. (se as condicións do mar permíteno) Remada e ofrenda floral na Praia do Matadoiro. (Acto organizado por Chicho Torreiro e os amigos de Tito). Libre asistencia.
-17:00 h. CENTRO SOCIOCULTURAL ÁGORA. A Coruña: Presentación e entrega do libro "O ÚLTIMO HOME LIBRE" en tributo á figura de Tito e ACTO HOMENAXE.

Entrada libre ata completar aforo.

*É imprescindible o uso de máscara a tod@s @s asistent@s.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.