Historia do Surf - Juan Abeledo

Desde a Croa - Juan Abeledo namorouse do surf fai máis de trinta anos, cando roldaba os sesenta, nunha época na que ver a alguén deslizándose sobre as ondas de Doniños era todo un acontecemento, e moito máis se ese alguén, como lle ocorría a el, peiteaba canas e achegábase á idade da xubilación.

Juan naceu en Vilamaior no ano 1916, pero aos catro anos trasladouse cos seus pais a vivir a Ferrol. Aos 11 anos empezou a traballar como recadeiro nunha sastrería para axudar á economía familiar. Tratábase dun traballo de luns a domingo, no que só tiña libres as tardes dominicais, e que lle fixo ser consciente, a esa idade tan temperá de algo que algúns non conseguen descubrir en toda unha vida: a necesidade de dispor de tempo libre para poder facer todas aquelas cousas que nos ofrece a vida.

Aos 14 anos o seu pai preguntoulle que quería ser de maior, e el sen saber porque dixo que mecánico. Esa afirmación cambioulle a vida e permitiulle cos anos alcanzar o seu soño. O seu pai conseguiu que entrase como alumno no Taller de Artillaría da Armada en Ferrol, onde Juan aproveitou o tempo ao máximo e adquiriu os coñecementos de mecánica, soldadura, talabartería, ebanistería, ..., que lle facilitarían a entrada no estaleiro Bazán aos 23 anos. Alí traballou de ajustador-montador ata que pasou a unha oficina. Agora cada mañá, xa retirado e con máis de noventa anos, pódeselle ver feliz coa mochila ás costas camiño da piscina de Batallóns.

Podedes ler o artigo completo no blog do autor na ligazón de abaixo.

Texto por Beatriz Antón e fotografía de Eloy Taboada-Estudo 108

Fonte orixinal: http://desdelacroa.blogspot.com/2009/08/surfistas-juan-abeledo.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.