Gony Zubizarreta: "Estou tranquilo e motivado, con confianza"


Entrevista feita a Gony Zubizarreta a semana pasada durante a celebración da ultima proba europea WQS do ano en Lanzarote polo fotógrafo vigués Juan Cruces e a donostiarra Jasminka Romanos.

F.S.L: Vas segundo no circuíto europeo, número 20 no mundial, déronche xa as chaves de CT?

G.Z: Non, aínda non, falta moito. Aínda quedan tres eventos moi importantes, dous dos que cales son Primes Events. Así que hai que facelo moi ben neste tres campionatos xa que se van a clasificar os que o fagan ben agora, porque hai moita xente que ten moi igualados os puntos.

F.S.L: E, como che sentes ti de facer este campionato?

G.Z: Con confianza, estou motivado e tranquilo. Ademais está o meu adestrador aquí comigo e tamén os meus pais.

F.S.L: Que me dis da tempada 2009?

G.Z: Foi un ano moi longo, pero ha ir moi ben. Empecei ben, logo non me foron tan ben, pero ultimamente, en Zarautz e Pantín quedei moi ben, e agora en Canadá quedei terceiro. Este ano fixen uns 16 campionatos e aínda me quedan 3: este e dous en Hawai.

F.S.L:Gústache esta competición de Lanzarote?

G.Z: A este campionato vin un catro ou cinco veces, e a Lanzarote vin outras cantas máis, teño moitos amigos aquí en Canarias e as ondas son incribles, dos mellores sitios de Europa para surfear.

F.S.L: Hoxe a competición empeza na Santa, pero ti entras ao auga mañá en San Juan€?

En San Juan está difícil porque hai moito vento e non hai moita ondada, así que fixeron moi ben en cambialo aquí. Gústame esta dereita, gústame a Santa, e dáme pena non entrar aquí hoxe, pero mañá estará ben alí en San Juan así que hai que motivarse.

F.S.L: Canto tempo levas competindo Gony?

G.Z: Empecei a facer mundial aos 18, pero tamén facía o Pro Junior á vez. Enteiro, este é o meu cuarto ano. Aprendes moito viaxando tanto todo o ano, coñeces moitos países e moita xente, e iso dáche moita experiencia como surfeira e como persoa. O malo é que non tes moito tempo para estar en casa e os aeroportos son un coñazo.

F.S.L: Puideches estar en casa un tempo a última tempada?

G.Z: Este ano estiven en casa un mes e aproveitei para adestrar e baixaba a Portugal, agora acompáñame o meu adestrador porque estamos a traballar moi duro, desde xuño vén comigo. E axúdame moito, levo con el desde 2002, é francés, chámase Silvain e é moi bo. Adestrou tamén a Jeremy Flores, a Marlon Lipke e a Hodei Collazo.

F.S.L: Para un free surfing, que lugar elixirías?

G.Z: Agora para surfear o que máis me gusta é a miña casa, pero gústame moito Coxos, en Eicerira (Portugal). Hai moitos sitios, Canarias por exemplo, pero quedo con Coxos.

F.S.L: Que momento da túa carreira profesional lembras con máis agarimo?

G.Z: Cando gañei en Australia no 2002, o sub 18 e Hodei quedou segundo. Para min ese foi o mellor; e o prol de Zarautz deste ano: saír da auga, que estivesen aí Hodei e Aritz esperándome e que me sacasen da auga aos ombreiros. Iso foi algo moi especial.
Estamos todos moi unidos, os do Norte imos xuntos desde pequenos e somos unha boa cruadrilla.

Texto:Jásminka Romanos/Fotos:Juan Cruces.

Ver fotos santa prol 09

Artigo orixinal en: http://fotosportlanzarote.com

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.