Un video da familia Volcom, con Gony Zubizarreta e Jaji Iglesias, estes días de entroido en Tenerife surfando unha onda artificial no parque de atraccións de Siam Park. Segundo comenta Gony no seu blog unha hora custa 600 euros e podes configura-la onda media hora de dereitas e outra media hora de esquerdas. Parece un pouco caro pero será cuestión de reunirse uns cantos surfeiros pra poder probala.
Video orixinal: http://www.youtube.com/watch?v=vE12UIMvObY
Fonte do artigo: http://gonyzubizarreta.blogspot.com/2010/02/tenerife-vqs-siam-park.html