Campionato Galego Infantil e Xuvenil Concello de Nigrán

Os días 9 e 10 de Outubro celebraráse a segunda proba do Circuito Galego de Surf Infantil e Xuvenil organizado pola Federación Galega de Surf, Prado Surf Clube e o Concello de Nigrán. Este evento coincide co comezo da tempada de outono e contará con excepcionais condicións. Nestes intres a previsión de ondas para eses días é de maretón con ondas de 6 metros.

As inscripcións xa están abertas, o número de inscritos limitaráse os 120 primeiros. Lembra que o xoves as 13 horas  é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. ¡Se queres competir inscríbete xa!

Info do Evento:

CAMPIONATO: 2º Proba Circuito Galego infantil e xuvenil de surf e bodyboard.

ORGANIZA: Prado Surf CLub y Federación Galega de Surf.

COLABORA: Coca-cola, Concello de Nigrán, Baobab, Onda, Waira, Boardculture, Restaurante Areosa, West Peak, Pui-Pui e Vangote.

DATA: 9 e 10 de Outubro.

LUGAR: Praia de Patos (Nigrán)

HORA: Confirmación de inscricións polo técnico do clube o sábado de 08:30 a 09:00 horas na praia. E ás 09:30 horas aproximadamente comezo da competición.

CATEGORíAS: Infantil (nados do 1996 en adiante) e Xuvenil (nados do 1992 ao 1995). Só se poderá competir nunha categoría; permitindo, excepcionalmente, aos 8 primeiros clasificados en infantil, competir en xuvenil.

MODALIDADES: Surf e Bodyboard (só se pode competir nunha modalidade).

PREMIOS: Trofeos para os 4 primeiros clasificados de cada categoría.

PREZO:
- 8,00€ para os competidores que se inscriban e asistan con técnico.
-12,00€ para os competidores que se inscriban e asistan sen técnico .

PAGO DAS INSCRIPCIÓNS:

Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2091-0567-74-3040003179  antes do Xoves 19 de Agosto as 13:00 horas, indicando o nome no ingreso.

INSCRIPCIÓNS:

Debedes enviar o xustificante de pago por fax o número: 986 29 93 78 e un e-mail ( Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ) ou un  fax ( 986 29 93 78 )  á Federación Galega de Surf cós seguintes datos:

1º) Clube
2º) nome competidor
3º) dni
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (se fose o caso).
8º) teléfono de contacto.

PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 7 de Outubro as 13:00 horas.

Este campionato ten un caracter alegre e festivo polo que supón a concentación dos mellores rapazas e rapaces surfistas de toda a costa galega disfrutando destas magnificas condicións para a practica do surfing en Patos.

Os deportistas estan convidados a xantar ambolos días; un deles a paella tradicional e o outro dia haberá que esperar a ver con que nos sorprende o xerente "Chiño" do Hotel SotoMaior.

O evento contará co apoio de OndaWetsuites, BoardCulture SurfBoards, da Productora Vangote, do Restaurante Areousa, da revista BaoBab e das tendas Waira, WestPeak e PuiPui.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com