A Escola de Surf Pantin Classic, levará a cabo uns triais os días 10 e 11 de Setembro que terán como premio 2 pases pra participar na próxima edición do mítico campionato Pantin Classic que se celebrará entre o 13 e o 18 de Setembro de 2011. O premio é unha oportunidade única de surfear xunto a competidores da elite mundial do surf, aprender e vivir un campionato deste nivel e tradición desde dentro, como un competidor normal.
Consideramos que este tipo de recompensas apoian o deporte e motivan aos rapaces a que sigan gozando da paixón e satisfaccións que nos dá o surf cada día. Este evento será promocionado ademais no póster oficial do evento.
Pra participar tes que estar federado nalgunha das federacións de surf en España ou Portugal, ou ter en vigor a licenza da ASP europea ou internacional. O prezo da inscrición é de 30 euros.
Para facer a inscrición deberán porse en contacto con:
Máis info en:
http://www.pantinclassic.com/es/noticias/46-campeonato/231-triales-cabreiroa-pantin-classic.html