Acordo de colaboración entre a FGS e a FES

A Federación Galega de Surf e a Federación Española acaban de asinar un acordo de colaboración co gallo da celebración da Supercopa de Surf que vai ter lugar a vindeira fin de semana nas augas de Ferrolterra. Esta proba clasificatoria celebrarase durante o Campionato de España de Longboard e Feminino (Surf e Bodyboard) o próximo 22 e 23 de Outubro na praia ferrolá de Doniños.

TSP The Surfeiros Piratas vestirá aos xuíces da FES durante a celebración das probas do evento.

A FGS a parte de colaborar na organización, apoiará aos surfeiros galegos, federados na galega e que queiran participar no campionato, para iso, os surfeiros interesados deberán porse en contacto coa FGS. A Competición estará pechada a un máximo de 32 competidores por razóns técnicas. O premio en xogo, será o pase do campión á Final Nacional do Campionato de España de Surf Open 2011 e ser parte dos 16 participantes deste evento especial evento que gañou Gony Zubizarreta o ano pasado.

Máis info en:

http://www.fgsurf.org/novas/comunicados/178-colaboracion-entre-la-fes-y-la-fgs-la-prueba-gallega-clasificatoria-para-el-campeonato-de-espana-surf-open-supercopa-2011-2012.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com