Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos

Yago Chamorro - Xa temos a crónica e os resultados da segunda proba do Circuíto Galego Junior de Surf e Bodyboard que tivo lugar na praia de Patos a pasada fin de semana nunhas condicóns mínimas de surf con ondas de cuarto metro e pouco vento. A pesar do escaso tamaño das ondas, os surfeiros foron capaces de dar un bo espectáculo chegando a surfear ondas de tres manobras e obtendo puntuacións de 8,9 e algún dez en surf infantil nas semifinais.

SURF GALICIA

Na final de surf infantil Ignacio Guisasola, Juan Fernández, Borja Malvar e Alberto Mosquera competiron duramente pola victoria. En surf infantil feminino, Eva Ferreira e Isabel Gundín destacaron por riba das outras competidoras. En Surf Junior houbo moi boas manobras destacando Diego Álvarez, Lalo Díez, Miguel Morla, Miguel Pérez e Luís Ansín que fixeron un campionato espectacular. As rapazas destacaron Cristina Iglesias, Paula Paz, Itziar Guisasola e Eva Robledo que fixeron unhas semifinais moi boas.

SURF GALICIA

Temos que destacar o traballo dos xuíces e da organización que foi excelente como todos os anos.

Resultados Surf Junior:

  1. Luís Ansín
  2. Diego Álvarez
  3. Miguel
  4. Lalo Díez

Resultados Surf Infantil:

  1. Ignacio Guisasola
  2. Juan Fernández
  3. Alberto Mosquera
  4. Borja Malvar

Resultados Surf Infantil Rapazas:

  1. Isabel Gundín
  2. Eva Ferreira
  3. Blanca Fernández

Resultados Surf Xuvenil femenino

  1. Paula Paz
  2. Eva Robledo
  3. Cristina Iglesias
  4. Raquel Dopazo

Moitas gracias a Yago Chamorro de Riders 73 Surf School pola súa crónica a noraboa ao seu equipo de surf polos seus excelentes resultados: Ignacio Guisasola foi o primeiro en infantil e quinto en Junior convertíndose nun dos mellores riders do evento. Eva Ferreira e Itziar Guisasola foron 2ª e 5ª en surf infantil e Miguel Morla rematou nunha excelente quinta posición.

RIDERS SURF SCHOOL


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.