O pasado 28 de Xullo tivo lugar o primeiro Anticampionato de Surf na Praia de Lóngara (Barreiros) organizado polo clube North Shore Clube. Todo comezou, como non podía ser doutro xeito cun antidía dos que nos da o verán na Mariña. 20 participantes, de diversas zonas da Mariña e mesmo de Asturias sacaron o inxenio e o bo humor para desfrutar un campionato pouco habitual.

As saltadas, as caidas, as placaxes, as alianzas e mesmo as chantaxes ao xurado eran válidas para gañar, soamente estaba prohibido enfadarse.

Uns máis tímidos, outros de camuflaxe ou de etiqueta, todo valía con tal de sacar un sorriso a todo aquel que se achegou pola praia.

Os premios, que menos, antipremios, tablas rotas, un bon bocata de mortadela con aceitunas e unha chocolatina para repoñer forzas!
Texto: Fátima López - North Shore Clube


















