Yago Chamorro - A pasada fin de semana coincidindo coa ponte do Pilar celebrábase a final do Campionato de España de surf na praia de Doniños na que participaban 12 surfeiros en cada categoria. As condicións do mar foron o venres medio metro con pouco vento e condicións fáciles para os sub 14 que deron un autentico recital de surf e demostraron que foi a categoria na que mais nivel púidose ver.
Vídeo da Final - Autor: Desde la Croa
O sábado subiu o mar a 2metros con pouco vento pero condiciones moi dificiles, moita corrente e os fondos non estaban ao 100%. Entraron o resto de categorías sub18 e open nas que se puido ver surf potente pero coa ausencia de moitos surfeiros do panorama estatal con máis nivel. O domingo baixo o mar a metro e medio e o vento cruzado, condicións dificiles para as finais.
Luís Rodríguez en acción - Foto: El Blog de Occy
En canto aos galegos destacar o segundo posto en open de Luís Rodriguez que estivo a nada de gañar e Diego Álvarez 5º posto. En Sub-18 Luís Ansín segundo posto, Lalo Díez cuarto posto e Miguel Pérez 5º
Diego Álvarez - Foto: El Blog de Occy
Erica franco 2 posto en open feminino no que houbo nivelazo de competidoras. Yolanda Rodríguez 3ª en sub18 e a Ignacio Guisasola e a Juan Fernández septimos clasificados repectivamente en sub14 na que habia nivelazo de riders.
Destacar o nivel da expedicion canaria en todas as categorias que van polo aire e a cantidade de poucos vascos e vascas que participaron. Darlle os parabéns a Ignacio Guisasola polos cuartos e as semis que fixo que demostrou o bo momento de forma no que esta e que promete ser unha das apostas fortes do noso surf dentro dun par de anos.
Ignacio Guisasola
Resultadados SURF SUB18:
- Campión de España Miguel Betegón (Cantabria)
- Subcampión de España Luís Ansin (Galicia)
- 3º Luca Díaz (Canarias)
- 4º Lalo Díez (Galicia).
Resultados SURF FEMENINO:
- Campeona de España Leticia Canales (Euskadi)
- Subcampiona de España Erica Franco (Galicia)
- 3º Ariadne Ochoa (Euskadi)
- 4º Mirka Martín (Cantabria).
Resultados SURF OPEN:
- Campión de España Antonio Marqués (Canarias)
- Subcampión de España Luis Rodríguez (Galicia)
- 3º Juan José Fernández (Andalucia)
- 4º Julián Cuello (Canarias).
Resultados SURF FEMENINO SUB18:
- Campeona de España Leticia Canales (Euskadi)
- Subcampeona de España Ariadne Ochoa (Euskadi)
- 3º Yolanda Rodríguez (Galicia)
- 4º Lucia Martiño (Asturias).
Texto: Yago Chamorro Riders Surfschool
+ info en:
http://elblogdeoccy.blogspot.com.es/2012/10/campeonato-de-espana-doninos.html
http://fesurf.net/fes2009/index.php?option=com_content&task=view&id=1190&Itemid=1
http://oceanosurfclub.blogspot.com.es/2012/10/final-campeonato-de-espana-video.html
http://oceanosurfclub.blogspot.com.es/2012/10/3-y-ultima-jornada-campeonato-de-espana.html
http://oceanosurfclub.blogspot.com.es/2012/10/2-jornada-campeonato-de-espana-de-surf.html