A Federación galega de Surf, organiza o próximo día 8 de decembro un campionato galego individual, onde competirán os mellores do ranking do Circuíto Galego 2012. Haberá competición de Surf, Bodyboard, Longboard e Paddle, nas categorías Open e Xuvenil. Quen será o CAMPIÓN DE CAMPIÓNS?? Vide descubrilo!! Só os mellores surfeiros galegos optarán polo Titulo de Campión de Campións!
Proximamente publicaranse os clasificados convocados para este campionato. Prezo da inscrición: 5€
Confirmación de inscricións polo técnico do club o sábado de 08:30 a 09:00 horas na praia. E ás 09:00 horas aproximadamente comezo da competición.
Trofeo para o CAMPIÓN DOS CAMPIÓNS de cada categoría doados polo Concello da Coruña e 1.000€ en premios para os primeiros postos.
Non o perdades, o maior espectáculo na cidade herculina!! Invadiremos a praia do Orzán, xunto coa axuda do concello de Coruña, e a colaboración de BEGANO!!!
Ao final deste campionato esperámosvos a todos ás 20.00 h no Centro Agora na Coruña, onde festexaremos a Gala do Surf Galego e premiaremos os campións do Circuíto.
Estades todos convidados!!!