Recollemos a info publicada na web da A Mesa pola Normalización Linguística na que denuncia o nulo emprego do galego no Pantín Classic tanto na web, como na megafonía e na revista do evento. Segundo podemos ler na web denuncian o ridiculismo do Alcalde de Ferrol e do Presidente da DEputación da Coruña falando en castelán cando están obrigados a empregar o galego como lingua oficial.
O Vicepresidente da Mesa, Carlos Outeiro, salienta “o ridículo puido ser maior de non se traduciren ao inglés parte das explicacións e comentarios feitos por megafonía así como información da web. Na revista este esforzo esgotouse no título SurfingNews, aparecendo toda a información xeral só en castelán” apuntando asemade que “entre participantes e visitantes a presenza de persoas de distintos continentes é moi importante, mesmo un nutrido grupo de Portugal e Brasil alén, obviamente, da Galiza”