Canto vai gastar a Deputación de Pontevedra na proba ASP da Lanzada?

Despois das denuncias feitas dende a nosa web sobre a celebración do Pantín Classic e a súa organización chega outra polémica celebración dun evento ASP Surf Rías Baixas Pro na praia da Lanzada a cargo do diñeiro público e pagado pola Deputación de Pontevedra, un gasto que pode rondar os 60.000-70.0000€ pra facer un evento organizado por un clube-empresa da provincia da Coruña.

Supoñemos que moita xente pensará que é unha boa nova para o surf galego pero nós pensamos que este tipo de eventos elitistas non aporta e soamente queren aproveitar a imaxe sana do surf como reclamo turístico e publicitario.

Desta vez a Federación Galega de Surf vai colaborar no evento e repartir as wildcards, algo que pensamos que foi decidido nos despachos pra non crear novas polémicas dándolles as invitacións a amigos nin familiares, tamén a Deputación e maila "organización non identificada" fixeron un fondo pra costear o 50% das inscripcións do riders galegos e limpar a súa imaxe ante posibles denuncias.

Hai tres semanas enviamos un email á Deputación de Pontevedra con varias preguntas e todavía non recibimos resposta...

Os únicos que responderon foron a xente de ASP Europe e confirmaron que os organizadores do evento son Marcos Rodríguez e Miguel Galeiras. Agora resulta que o Club Praia de Pantín organiza eventos de surf na provincia de Pontevedra xa que a Lanzada pertence á comarca de Ferrolterra.

Aquí podedes ver a lista de participantes confirmados ata este momento na web de ASP Europe e soamente hai 59 riders confirmados.

Gustarianos saber onde están as axudas ás escolas e clubes de surf de Pontevedra por parte da Deputación e da Xunta? Quén organiza realmente este evento e canto diñeiro recibe? Realmente estamos tan aborregados que certas persoas poden manexar o diñeiro de todos sen ter que responder ás preguntas dos medios de comunicación?

E pra rematar outra pregunta interesante, acaso é traballo da Deputación montar eventos de surf e patrocinar voltas ciclistas namentres a sociedade está a pasar polos piores momentos dos últimos anos?

Tedes + info do evento na web da Federación Galega de Surf:

http://www.fgsurf.org/novas/circuito/466--el-surf-rias-baixas-pro-pone-a-disposicion-de-la-federacion-galega-de-surf-dos-wildcards-y-20-inscripciones-con-un-50-de-descuento.html

Info na web da ASP:

http://www.aspeurope.com/2013/08/07/surf-rias-baixas-pro-brings-back-europes-top-under-20-to-galicia/

Lista de participantes:

http://www.pro-surfing.com/alhunt/files/2013evt144.pdf


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.