Campionato Fin de Verán - Prado Surf

O xoves 28 de Agosto vai ter lugar na Praia de Patos, no Concello de Nigrán, o Campionato Fin de Verán para alumnos da escola. Haberá 2 categorías: Noveis (alumnos de verán que nunca participaron nunha competición) e Pro (para aqueles que xa participaron nalgunha competición oficial). O check in para os participantes será ás 13h, a xornada comezará cunha explicación das normas xerais de competición no deporte do surf, ás 14h paella para todos os participantes e staff técnico e ás 15h inicio da competición.

O campionato de noveis non é eliminatorio, cada participante entrará á auga en 2 mangas de 15 minutos e a suma das 2 mellores ondas de cada participante configurará o ranking da proba. Na categoría Prol se serán roldas eliminatorias.

Ao fin da competición ás 19:30 o Meigo "Rei Midas" fará un espectáculo de maxia para os participantes e público asistente e a entrega de premios e diplomas está prevista para as 20 horas.


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.