Crónica do Campionato Fin de Verán - Prado Surf

O pasado venres celebrouse na Praia de Patos a 2ª edición do "Campionato Fin de Verán de surf e bodyboard", organización a cargo de Prado Surf Clube e o Concello de Nigrán. Este ano citáronse mais de 80 persoas que gozaron dunha xornada chea de actividades, o tempo acompañou e as ondas non foron menos, resultou ser o día con maior tamaño de ondas de todo o verán. Moita afluencia de público na praia, familias enteiras animando aos seus fillos que en moitos casos gozaban da súa primeira experiencia en competición.


A xornada comenzo ás 13 horas cunha explicación aos noveis das normas xerais dun campionato de surf e os criterios de puntuación, unha hora mais tarde os participantes e staff técnico gozaron dunha paella para recoller forzas e ás 15 horas iniciouse a competición aproveitando o mellor punto de marea.

 

O campionato finalizou ás 20 h coa manga de "monitores" e antes da entrega de diplomas por parte do alcalde de Nigrán e a concelleira de Mocidade, o meigo Rei Midas amenizo aos participantes e familias con maxia en directo.

Realizáronse 2 categorías: "Surf Pro" e "Surf Novel" en sub12 e sub18. Asi mesmo realizouse unha manga de "bodyboard open" e unha manga de "monitores" na cal os monitores de Prado Surf Escola realizaron unha exhibición aos seus alumnos. Agradecer aos patrocinadores do evento: Alumisel, O'neil e Zorlak a súa colaboración.

Os resultados de cada categoría foron:

SUB12 NOVEIS

1ª) Andrea Graña
2º) Carlos García
3º) Bruno Martínez
4º) Iago Martínez

SUB18 NOVEIS

1ª) Raquel Marquez
2ª) Sara Gómez
3º) Pedro Piñeiro
4º) Popi Casoni

SUB12 PRO

1º) Antón de san Ildefonso
2º) Paul Bonei
3º) Gonzalo Alonso
4ª) Pilar Viana

SUB18 PRO

1º) Saúl Carrera
2º) Victor Irisarri
3º) Pablo Gurgullo
4º) Carmen Álvarez

BODYBOARD

1º) Andrés Santander
2º) Pablo Viana
3º) Jesús Bolado

MONITORES

1º) Derick Rey
2º) Guille Gómez
3º) Jose Diéguez
4º) Michi Gómez

+ info e fotos en:

https://www.facebook.com/pradosurfescolapatos

http://www.pradosurfescola.com


{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com