Programa do Noroeste Pro


Xa temos o programa definitivo do Noroeste Pro que vai contar coa presenza de grandes surfistas europeos pero tamén con charlas e concertos na cidade da Coruña. Kepa Acero, Gony, Vicente Irisarri, Milo Castelo, Victor Iván Pombo. e Aitor Francesena ofrecerán conferencias esta semana en diferentes espazos.

Martes, 6 de xuño de 2017

Mesa redonda historia da competición en Galicia ás 19:00 h. Centro cultural "Vos Maios". Milo Castelo e Victor Iván Pombo.

Mércores, 7 de xuño de 2017

Relatorio Aitor Francesena "Galo" ás 19:00 h no Centro cultural "Vos Maios" con Aitor Francesena. "Gallo", como se lle coñece no mundo do surf, falaranos do surf galego, pero sobretodo de como se superan as barreiras no surf. Tras meter a Aritz Aranburu no WCT, foi seleccionador nacional, publicou libros e actualmente é campión do mundo ISA.

Xoves, 8 de xuño de 2017

Mesa redonda sobre Surf en Galicia ás 19:00 h na Fundación Once da Coruña con Vicente Irisarri e Gony Zubizarreta. Gony Zubizarreta e Vicente Irisarri, mellor deportista galego de todos os tempos e fundador do Patin Classic falarán sobre a historia do surf en Galicia.

Venres, 9 de xuño de 2017

Copa Galicia de Surf - 9:00 h Comezo. 18:00 h Fin da competición. Lugar por determinar en función das condicións de mar.

Charla Kepa Acero ás 19:30 h Hotel Ibis Styles, A Coruña. Kepa Aceiro, surfeiro profesional, free surfer, aventureiro e icona do surf libre ofrecerá unha charla sobre as súas últimas viaxes en solitario, acompañado de documentos audiovisuais, documentando as aventuras e persoas coas que se atopou nas viaxes.

Presentación do Museo do surf do Valdoviño ás 19:30 h no Hotel Ibis Styles, A Coruña. Contarase coa presenza do Alcalde, Océano Surf Club e representación dos clubs.

Sábado, 10 de xuño de 2017

Noroeste Pro  (praia por determinar)

9:00h Comezo de Nordeste Prol
11:00 clases de Sup a cargo de lobos de mar
11:20 iniciación ao surf a cargo da Vella escola
18:00h fin de competición.

Gala "20 anos de Surfing Galego" ás 19:00h no Praia Club da Coruña

19:00 h Comezo - The Rest Place by Vazva

20:00 h Comezo - Praia Club

Domingo, 10 de xuño de 2017

Noroeste Pro

9:00h Comezo de Nordeste Prol
18:00h fin de competición.

Lugar por determinar en función das condicións de mar.

Info actualizada en:

http://noroestepro.com/programa/

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.