Confirmado Orzán para o Nororeste Pro

ATENCIÓN IMPORTANTE!

Xa temos praia confirmada para a competición. O campionato Nnoroeste Pro desenvolverase na PRAIA DO ORZÁN e a hora de inicio é o venres ás 10:00 h coa Copa Galicia de Surf. O sábado e o domingo teremos o evento Noroeste Pro con pro surfers de alto nivel como Marlon Lipke, Gony, Vicente Romero, Lucía Martiño e outros..

Tamén festival de música o sábado no Playa Club e zona de mercado no paseo do Orzán.

Tedes + info actualizada no seu Facebook Noroeste Pro

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com