Ignacio Guisasola novo Campión de España Sub-18


Noraboa a Ignacio Guisassola (sub 18 masculino) pola súa victoria no Campionato de España en Doniños. A surfeira ferrolá Isa Gundin é a nova subcampiona de España surf sub18 & Open e Iago Formosel 3er posto en Longboard. Tamén felicitar aos surfistas Kai Odriozola (sub 12), Janire González (sub 14 feminino), Nerea Donaire (sub 16 feminino), Moisés Domínguez (sub 14 masculino), Iker Amatriain (sub 16 masculino), Nadia Erostarbe (sub 18 feminino) novos Campións de España individual júnior


Os vascos foron os que se alzaron co maior número de trofeos, un total de catro campións de España fixeron gozar a todos os asistentes á praia de Doniños. Na categoría sub 12, Kai Odriozola; sub 14 feminino, Janire González; sub 16 masculino, Iker Amatriain e sub 18 feminino, Nadia Erostarbe.

As outras comunidades que tamén marcaron a súa marcadora foron: Galicia con Ignacio Guisassola (sub 18 masculino), Asturias con Nerea Donaire (sub 16 feminino) e Canarias con Moisés Domínguez (sub 14 masculino).

O día deixou momentos históricos  para o surf estatal como a primeira coroación dun surfeiro menor de 12 anos. O vasco Kai Odriozola, cunha puntuación de 14,35, é o campión máis novo na historia. Os maiores tamén deixaron escintileos do gran momento de forma que vive o surf no noso país, proba diso foi a final masculina sub 18 na que o galego Ignacio Guissaola, con 14.00 puntos, proclamouse campión nunha final dura e pelexada por todos os competidores. A outra final aclamada desde a praia foi a dos sub 16, na que cun fantástico aéreo o vasco Iker Amatriain lograba impor o seu surf e finalmente facerse co título nacional cunha puntuación de 12.05.

As mozas tamén mostraron todo o seu potencial e fixérono de maneira contundente. A vasca Nadia Erostarbe impúñase na final sub 18 cunha puntuación total de 14.65. Polo seu lado, a promesa asturiana Nerea Donaire, cun gran surf, conseguía levar unha das finais máis aclamadas desde a beira, unha puntuación de 9.40 lle valía para levantarse á primeira posición da clasificación.

A puntuación máis alta do día protagonizouna o canario Moisés Domínguez cunha onda de 8.50 puntos e unha mellor combinación de 16.00 puntos que lle valían para proclamarse campión de España na categoría sub 14 masculina.

Os máis novos do campionato deixaron tres días de surf incrible e dan a testemuña ás categorías Open e as modalidades Longboard, Kneeboard e Surf Adaptado que se disputasen ao longo do fin de semana.

+info en:

Twitter:@fesurfing_
Instagram: @fesurfing_
Facebok: https://www.facebook.com/fesurfing

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.