Gony Z Series - 16 de Decembro en Patos

O mellor surfeiro galego de todos os tempos, e actualmente o mellor nacional e subcampión europeo WSL, volve á súa praia como cada ano para celebrar o Gony Z Series. Trátase dun divertido evento aberto para todos os surfeiros e totalmente gratuíto. A idea é gozar xunto a Gony Zubizarreta de toda a súa experiencia e compañía. Nesta terceira edición chega a consolidación con considerables cambios e teremos tres categorías e moitos premios.

Unha especie de competición atípica na que se puntuará actitude, fluidez, estilo e sobre todo esencia, valores fundamentais en todos os eventos organizados polo Vigo Mafia Surf Club. Ademais durante a xornada haberá sorteos e moitas sorpresas. Para acabar desprazarémonos a La Burguería en Vigo (Rúa García Barbón 30) xunto a Gony e todos os amigos, participantes e fans para facer un repaso ao seu ano no circuíto mundial. Compartiremos experiencias entre surfeiras no que volverá ser unha xornada inesquecible para os surfeiros asistentes.

Vídeo de la edición 2015

Organiza: La Conservera del Surf e Vigo Mafia Surf Club.
Patrocina: La Burguería, Volcom e Jam Traction.
Colabora: Federación Galega de Surf, Novalbos Wave Company, Jimmy Lion NY e Oceánica Gin.

CATEGORÍAS:

Anti-Pro Open (Adultos con sentido do humor)
Kids (Menores de 17 anos)
GIRLS (As mozas ao poder)

INSCRICIÓNS & MEETING POINT:

Data: Sábado 16 de decembro
Hora: 9:00 am
Lugar: La Conservera del Surf (Praza Mario Pontes 6, Praia de Patos, Nigrán.)

MÁIS INFORMACIÓN:

https://www.facebook.com/events/317453652087324/

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Tlf: +34 648 669 729

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.