Novalbos cumpre 20 anos!

 
E parece que foi onte cando en 1989 a familia Novalbos, estreitamente ligada ao mar, un mergullador, un surfeiro e un descubridor de tesouros submarinos (o patriarca) decide aventurarse no mundo dos negocios para cubrir as necesidades dun feixe de mergulladores e dos escasos 30 surfeiros que por aquel entón pululaban pola praia de Patos, converténdose na primeira tenda de Vigo dedicada ao surf e a máis antiga das que hai hoxe en día abertas na comunidade galega.
 
Son por tanto 20 anos de presenza nas ondas galegas, que coa creación do primeiro clube de surf das rías baixas, o Patos Surf Clube, potenciaron este deporte e tamén o numero de deportistas presentes na auga grazas á celebración de cursos iniciación ao surf, test de táboas, festas surfeiras e como non co tradicional campionato de Patos que este ano cumpre 19 edicións.
 

 A tenda de Novalbos en Vigo
 
Isto non sería posible sen a colaboración de moita xente que deixou o seu gran de area para que este proxecto prolongásese no tempo, xente como Gony Zubizarreta, Jají Iglesias, os Irisarri , Milo Castelo, o Tibe, David Valladares, Ángel Pozas, Marcos o Negro, Gus Piñón, Robertito, Óscar Prieto, Juan Jamardo, Diego Armada, Patrick Vilan e moitos, moitos mais. Por iso tamén queremos desde Novalbos facer unha homenaxe a estas persoas que asumiron a idea como propia e achegaron o mellor de se mesmos para que este soño chegue ao seu vinte aniversario e en plena forma.
 
 
Interior de Novalbos

Noraboa Novalbos e boas ondas!

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.