Comunicado FES sobre o traslado de praia para o Campionato de España de Surfing

Surf Frouxeira

Por razóns ambientais a Federación Española de Surfing decide cambiar a localización do Campionato de España de Surfing da praia de Doniños á praia da Frouxeira. As praias da Costa de Ferrolterra supoñen un dos hábitats de maior importancia de Galicia, e en especial a praia de Doniños.

Unha das especies máis vulnerables e de maior interese de conservación destas zonas é a píllara das dunas, unha ave autóctona da zona en perigo de conservación e que a súa zona de anidación é a propia praia. Estas características promoveron que a Xunta de Galicia redactase un plan de conservación específico para esta especie.

Nas últimas datas identificáronse varios niños de píllara na praia de Doniños, concretamente na zona onde estaba exposto levar a cabo a competición do Campionato de España de Surfing 2018. É por isto que a organización da competición, baixo a premisa de minimizar os impactos ambientais e de conservar o hábitat da praia de Doniños, e en especial a correcta anidación desta especie tan vulnerable, decide cambiar a localización do Campionato de España de Surfing 2018 á praia da Frouxeira, cuxo contorna máis antropizado e sen presenza de anidaciones desta especie, permite levar cabo unha competición deste tipo sen influír no correcto desenvolvemento natural destes hábitats tan singulares.

Píllara das Dunas Galicia


Entendemos que unha das prioridades dos nosos deportes, coa singular conexión co medio natural, é a correcta conservación dos nosos lugares de práctica, espazos que ano tras ano vemos como se degradan polo mal uso. É por iso que a Federación Española de Surfing, en colaboración coa Consellería de Mediombiente da Xunta de Galicia e a Demarcación de Costas da Coruña, xunto co apoio dos concellos de Ferrolterra (Ferrol e Valdoviño), toma esta decisión sendo coherentes coa propia natureza do Surfing.

Sabemos dos inconvenientes que pode xerar este cambio aos nosos competidores e asistentes ao evento, por iso tentaremos resolver na medida do posible todos os problemas causados por esta decisión.


Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.