Patos Surfing Day - 30 de Xuño

Patos Surfing Day

Volve á praia de Patos una das mellores actividades do ano o PATOS  SURFING  DAY 2018. Este ano ten como principal novidade a organización do evento por todas as escolas da praia: Prado Surf, Patos Surf, La Conservera del sur, Point Break e Txoko Surf.

Se sempre quixeches facer surf e non te atreviches, tes curiosidade de sentir como é deslizarse polo mar, esta é a túa oportunidade. Por só 5€ non te podes perder este día. Para todas as idades (desde os 6 ata os 70 anos) curso de surf con todo incluído, grellada, xogos con premios para todos, ioga, música, test de táboas, etc... as prazas son MOI LIMITADAS e só reservásese por orde de inscrición. Non te perdas esta xornada de portas abertas das escolas de Patos.

Para inscribirse no email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono: 986208787 ou a escola de surf - Patos surf

HORARIOS:

9:20 a 9:30 Repartición de acreditacións aos inscritos
9:30 a 12:00 Curso de iniciación ao surf
9:30 a 12:00 Curso adaptado
12:00 a 14:00 Surf escolas
14:00 a 16:00 Grellada  Surfera
16:00 a 18:30 test de táboas de surf
16:00 a 17:00 ioga
16:00 a 18:30 Actividades e xogos
Aluguer de material (só alumnos de escolas)
18:30 a 19:30 recollida colectiva de lixo na praia.

Clausura do  Surfing  Day 2018

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.