Copa Galicia de Surf 2019

O Patos Surf Club, a Federación Galega de surf e o Concello de Nigrán organizaron como cada ano en augas da praia de Patos o tradicional campionato Trofeo Concello de Nigrán, o de patos é o campionato máis veterano do circuíto galego, o primeiro organizouse no ano 1990 e desde entón o Clube Patos non pararou, chegando este ano á 26 edición, polo que se converteu nunha referencia dentro do mundo do Surf a nivel nacional , e para os surfeiros galegos unha cita obrigada do inverno nas Rías Baixas.

Ademais este ano con condicións de mar e vento moi duras por mor dunha alerta vermella con ondas de gran tamaño e vento moi forte que mesmo puido chegar a suspender a competición . Con todo isto os mellores surfeiros do circuíto galego de surf e como colofón, acompañados polo surfeiro de Patos máis laureado, Gony Zubizarreta que unha vez mais acudiu á nosa chamada para darlle mais importancia á nosa competición.


Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.