Os próximos días 22 ao 26 de setembro o surf adaptado volve á primeira plana. A localidade galega de Nigrán acollerá o Evento de Surf Adaptado na praia de Patos, no que se celebrará o Campionato Galego e o Campionato de España desta modalidade. Tamén haberá unha proba internacional Open que contará con surfeiros de diferentes nacionalidades.
As inscricións abriranse o venres 10 na web da Federación Española de Surfing.
Realizaranse xornadas de bautismos de surf para persoas con discapacidade intelectual.
Solicitamos persoas voluntarias para a realización destas actividades (obrigatorio posuír o título TD1).
Por favor contactade coa FGS.