Campionato de España por Comunidades 2021

O primeiro día de competición do Campionato de España por Equipos Autonómicos foi unha posta en escena do bo ambiente que reina no surf. Ata 8 comunidades autónomas déronse cita en Valdoviño. Galicia, a actual campioa, Asturias, Cantabria, Cataluña, Murcia, Andalucía e Melilla presentaron as súas candidaturas para levar o máximo galardón como equipo de surf en España.

Dous días de intensa competición onde 5 modalidades;  surfing,  longboard,  bodyboard, Stan  Up Pádel e  kneeboard competirán para sumar o maior número de puntos para as súas rexións.

O último día de competición non foi o desexado para a parte deportiva pero se para a parte emotiva e festiva da competición. Despedidas, abrazos e amizade foi o que se puido ver no peche do Campionato de España de Surf por Equipos Autonómicos.

Ata o momento no que se cancelou a competición, a clasificación, que estaba moi apertada, era a seguinte:

Canarias 10330 puntos
Cantabria 10100 puntos
Galicia 8848 puntos
Asturias 8716 puntos
Andalucía 7895 puntos
Cataluña 7565 puntos
Murcia 6886 puntos
Melilla 6990 puntos

Clausúrase a gran festa do surf nacional con: éxito de participación, éxito de bo ambiente e éxito na sa rivalidade que se viviu no concello galego de Valdoviño.


Artigos recentes:

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.