Patos - Volcom Qualifying Series 2009


Revista Baobab - Xa estamos en outubro e un ano máis chega á praia de Patos (Vigo) o VOLCOM QUALIFYING SERIES DUCKFISH. Será os vindeiros 17 e 18 deste mes; así que xa sabedes, reservade estas datas para achegarvos e pasar un bo intre.


Como sempre, os anfitrións Jaji Iglesias e Gony Zubizarreta, estarán a cargo da organización e farannos gozar dunha proba amigable e distendida que se está consagrando definitivamente como imprescindible no calendario galego.

Xa o ano pasado bateuse unha marca de participación, e este ano seguramente quedará feito trizas, xa que se espera a presenza de participantes de todo o panorama español, ademais de participantes de Portugal. E, como sempre, non faltarán comida, bebida e agasallos gratis para todos!! Ah! E podédesvos clasificar para a final Europea VQS, que se disputará en abril de 2010 en Anglet!

Nós como non estaremos alí co noso próximo número, que xa está no forno e que pronto teremos nas nosas mans. Esperámosvos!

Fonte orixinal: http://www.revistabaobab.es/index.php/uncategorized/volcom-vqs-duckfish-2009-en-la-playa-de-patos/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.