Este fin de semán do 10 e 11 de Outubro terá lugar o Campionato Galego Individual e por Equipos de Surf, Bodyboard e Longboard en Soesto (Laxe). As inscripcións xa están abertas. Lembra que o xoves 8 as 13 horas é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. ¡Se queres competir inscríbete xa!
Categorías e modalidades, todas elas masculino e feminino:
Surf (Infantil, Xuvenil e Open)
Bodyboard (Infantil, Xuvenil e Open)
Longboard (Infantil, Xuvenil e Open)
Regras do Campionato Galego Individual e por Equipos
Categorías e modalidades, todas elas masculino e feminino:
Surf (Infantil, Xuvenil e Open)
Bodyboard (Infantil, Xuvenil e Open)
Longboard (Infantil, Xuvenil e Open)
Só poderán participar competidores galegos.
Os surfistas competirán para o Campionato Galego Individual da súa categoría correspondente, e logo os seus puntos serán sumados no club correspondente para confeccionar o ranking por clubs.
Para o Campionato Galego por Clubs, os clubs deben inscribir no arquivo adxunto que recibirán por correo electrónico só a un máximo de dous competidores de cada categoría para que os seus puntos computen para o Campionato Galego por Clubs. Cada competidor só pode estar inscrito nunha categoría (A QUE POR IDADE LLE CORRESPONDA) para o campionato por clubs.
No Campionato Galego Individual cada competidor pode estar inscrito nun máximo de dúas categorías competindo na categoría superior á que lle corresponde se en devandita categoría está entre os 8 primeiros do ranking do Circuíto Galego 2009.
Circuito Galego 2009 >>>
CAMPIONATO: Campionato Galego Individual e por Equipos de Surf, Bodyboard e Longboard.
ORGANIZA: Federación Galega de Surf e Concello de Laxe.
COLABORA: Coca-cola.
DATA: 10 e 11 de Outubro.
LUGAR: Praia de Soesto (Laxe).
CATEGORÍAS: Infantil, Xuvenil e Open.
HORA: Confirmación de inscricións o sábado de 08:00 a 08:30 horas na praia. E ás 9:00 horas aproximadamente comezo da competición.
MODALIDADES: Surf, Bodyboard e Longboard, Masculino e Feminino.
PREMIOS: Trofeos para os 4 primeiros clasificados de cada categoría.
PREZO: 20 €
PAGO DAS INSCRIPCIÓNS: Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2091-0567-74-3040003179 antes do Xoves 8 ás 13:00 horas.
INSCRIPCIÓNS:
Debedes enviar o xustificante de pago por fax o número: 986 29 93 78 e un e-mail (
1º) Clube
2º) nome competidor
3º) dni
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (se fose o caso).
8º) teléfono de contacto.
PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 8 de Outubro as 13:00 horas.
NOTA IMPORTANTE: É obrigatorio estar federado e non é posible federarse o mesmo día do campionato. Non se admitirán a competidores que non cumpran os horarios de peche e confirmación de inscripcións nin o pago de licenza e inscripción previo ó campionato.