Convocada a cuarta proba da Liga Galega de Surf Junior & Kids 2022 no Vicedo

Xa está convocada a cuarta proba da Liga Galega de Surf Junior & Kids 2022 que se celebrará na praia de Area-San Román no Concello de O Vicedo os días 26 e 27 deste mes.

NOTA:

- Non haberá checking.

- Obrigatorio unha categoría por participante a excepción do seguinte:

Os 4 primeiros do actual ranking de Kids e Xuvenil que poderan inscribirse na categoría superior (lembrade que xuvenil e Kids son dous circuitos independentes)

- Estaremos pendentes das previsións de ondas para confirmar os dias das categorias.

- Aqueles que aínda non estean federados deberán federarse antes deste xoves.

- Recordade enviar a autorización de menores de idade da tempada actual.

- O  horario provisional publicarase o xoves pola tarde nas redes sociais e na web www.fgsurf.org

PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o XOVES 24 as 11:00 horas.

PRAZO LÍMITE DE PAGO: Ata o Venres 25 de novembro ás 11.00h.

ORGANIZA: Federación Galega de Surf, Viveiro Surfing Family e Concello de Viveiro

COLABORA: Cándido Hermida, Gadis, Xunta de Galicia, Deporte Galego e Van Surf.

CATEGORÍAS:

SURF

  • Sub 14 feminino (nados en 2008 e 2009).
  • Sub 14 masculino (nados en 2008 e 2009).
  • Sub 12 feminino (nados en 2010 e 2011).
  • Sub 12 masculino (nados en 2010 e 2011).
  • Sub 10 mixto (nados en 2012 e seguintes).
  • Sub 16 feminino (nados en 2006 e 2007).
  • Sub 16 masculino (nados en 2006 e 2007).
  • Sub 18 feminino (nados en 2004 e 2005).
  • Sub 18 masculino (nados en 2004 e 2005).
  • Sub 21 feminino (nados en 2001 - 2003).
  • Sub 21 masculino (nados en 2001 - 2003).

NOTAS IMPORTANTES:

As reclamacións sobre as quendas poderán realizarse ata o venres ás 20:00 horas no WhatsApp da FGS no número 652445806

Os competidores que vaian acompañados por un técnico, será este o que faga o checkin do competidor. Do contrario, os competidores terán que abonar a diferenza da inscripción.

 

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.