Os mellores momentos do Campionato Europeo de Parasurfing

Velaquí tedes un novo vídeo coas mellores imaxes do Campionato Europeo de Parasurfing celebrado estes días na praia de Patos. 

A Praia de Patos (Nigrán, Galicia) acolle desde o pasado martes o European ParaSurfing Championship 2025, un evento que reúne aos mellores para-surfistas do continente e que, un ano máis, reforza o papel de Galicia como referente europeo do surf inclusivo.

Organizado pola European Surfing Federation, en colaboración coa Federación Española de Surf e co apoio inestimable da Fundación BIMBA Y LOLA como patrocinador principal, o campionato está a ofrecer días de emoción, talento e superación na auga, cun alto nivel competitivo en todas as divisións.

As condicións acompañaron durante as primeiras xornadas, permitindo completar boa parte das roldas clasificatorias e algunhas finais nas categorías Prone, VI (Visual Impairment), Stand e Kneel.

O European ParaSurfing Championship 2025 continuará durante a fin de semana coas roldas restantes e as finais por equipos, onde se decidirán os títulos continentais.

A Federación Española de Surf celebra os excelentes resultados acadados ata o momento pola Selección Española de Parasurfing, que continúa demostrando talento, esforzo e compromiso en cada xornada.

Watch the video

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com