O Concello da Coruña habilitará os baixos da finca dos Mariño para almacenar material e apoiar as actividades de surf

O Concello da Coruña ten previsto habilitar os baixos baleiros da antiga finca dos Mariño, situada xusto ao carón da praia do Matadoiro, para convertelos en espazos destinados ao almacenamento e apoio de actividades vinculadas ao surf. Segundo explicou este mércores o voceiro municipal, José Manuel Lage, a Xunta de Goberno Local deu luz verde á licitación das obras, cun orzamento que ronda os 60.000 euros.

Lage subliñou que estes locais permitirán dar resposta ás necesidades de material das iniciativas municipais relacionadas co deporte acuático, especialmente as propostas centradas no surf. Destacou ademais que se trata dunha demanda trasladada desde hai tempo por clubs, colectivos e persoas vinculadas a este deporte na cidade.

O proxecto inclúe melloras na accesibilidade e a eliminación de divisións internas para crear espazos máis amplos e funcionais.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.