Daniela Alonso e Manu Fernández gañadores do Wildcards do Pantín Classic

Daniela Alonso e Manu Fernández son os gañadores dos wildcards para o Pantín Classic que tivo lugar en condicións moi xustas con ondas pequeñas de cuarto a medio metro.

O campionato Abanca Pantín Classic Galicia Pro xa ten os seus primeiros protagonistas galegos. Daniela Alonso e Manu Fernández lograron este luns o billete para o QS 6000 da World Surf League tras impoñerse nuns triais esixentes, disputados baixo unhas condicións que obrigaron a competir con paciencia, lectura e nervios de aceiro.

A cita tamén serviu para coroar os novos campións galegos absolutos. A viguesa Daniela Alonso e o coruñés Manuel Fernández levaron o título open nunha xornada na que o mar non regalou nada e cada serie esixiu saber escoller ben o momento.

No cadro masculino, Fernández confirmou o seu bo estado de forma cunha actuación sólida durante toda a competición. Na final superou a Eric Rebiere cunha puntuación de 10,63 fronte aos 8,66 do seu rival. Sebastián Bamonde completou o podio, mentres que Alejo Ferreiro finalizou na cuarta posición.

“Estou moi contento. As condicións foron realmente complicadas para todos e agora toca gozar desta oportunidade no cadro principal”, explicou o surfista coruñés tras asegurar a clasificación.

Daniela Alonso, pola súa banda, mantivo o control da competición feminina desde as primeiras roldas. Na final asinou 8,77 puntos para levar a vitoria, por diante da ferrolá Ana Piñón, segunda con 6,23. Lara Rico e Pepa González-Valerio ocuparon a terceira e cuarta posición.

A viguesa destacou a dificultade dunha xornada na que atopar dúas boas ondas podía marcar a diferenza: “Todas competiron moi ben porque as condicións eran difíciles, pero agora estou desexando entrar no QS 6000 e dar o máximo”.

Con este triunfo, Alonso e Fernández dan o salto á seguinte dimensión do campionato. Desde este martes compartirán lineup con algúns dos mellores especialistas do circuíto internacional nun evento que reúne a máis de 200 surfeiros chegados de máis de vinte países.

Pantín cambia así de ritmo. Os triais xa deixaron os seus gañadores e o escenario queda preparado para que comece o Abanca Pantín Classic Galicia Pro. Para Daniela Alonso e Manuel Fernández, a recompensa xa está asegurada: a oportunidade de medirse aos grandes sen pedir permiso.

Watch the video

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com