A Industria Galega do Surf aposta por Surfmarket.org

Despois de tres meses de funcionamento a nosa web irmá Surf Market.org vai medrando e recibindo novos apoios dos profesionais do surf galego. Marcas de surf enxebres como son Iron Mountain, Roto Surf Works, Zorlak, Chusma, Lume Boo e Ohana Surfboards apostan por Surf Market.org como unha ferramenta pra vender o seu stock de segunda man.


Tamén queremos destacar que varias escolas de surf da nosa costa xa venden o seu material de surf e paddle surf de segunda man na nosa web. Nas Rías Baixas podedes atopar cousas interesantes de Prado Surf Escola e Patos Surf Escola. Na costa da Morte temos a SilfoCamps. E nas Rías Altas tedes bastante material de Oxígeno Surf School.

Pouco a pouco a web vai medrando e xa superamos as 2.500 visitas mensuais e os 130 usuarios rexistrados dende todos os recunchos do Estado. Nestes intres podedes atopar 176 anuncios de material e servizos relacionados co mundo do surf.



Se queredes atopar algo de segunda man ou vender as vosas cousas,

xa sabedes:

www.surfmarket.org

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com