Entroido Surfeiro en Patos - 5 de Marzo

Este sábado 5 vai ter lugar na praia de Patos o famoso entroido surfeiro organizado polo Patos Surf Clube. Podedes pasar a partires das 11:00 da mañá co voso disfrace. Lembrade que tedes que metervos na auga disfrazados. Os millores levarán unha recompensa. Todo vale con tal de pasalo ben.

Despois da sesión de surf haberá chocolate quente e entrega de premios.

Máis info en:

http://patosurfclub.blogspot.com/2011/03/carnaval-surfero-de-patos-2011.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com