Resultados do Festival do Patín en Razo

Desde o Bergantiños Surf Clube queremos agradecer a todo o público, competidores, patrocinadores, membros da organización e medios de comunicación a súa colaboración con este evento e en particular a promoción do deporte do Patín cada vez máis popular entre os mozos.

O evento comezou coa celebración dos xogos de patín na que tomaron parte novos e adultos. Houbo unha asistencia aproximada de 120 persoas. Realizaron diferentes niveis de slalom, táboa de equilibrios e variant entre outros xogos.

A continuación tivo lugar o evento principal que se celebrou por invitación (inscricións pechadas) e para a que foron seleccionados  6 patinadores locais (Carballo) polo monitor de tempo libre e surfer Martín Varela.

As modalidades disputadas foron Patín Clásico, patín en trampolín e patín en rama.

Recibiron premios en material e trofeo o tres primeiros clasificados en cada unha das categorías.

- Categoría: Patín Clásico e  mellor truco (best trick)

1º Adrián Vilanova Taibo (15 anos)
2º Pablo Suárez Lois ( 12 anos)
3º Eloy Figueiras González ( 15 anos)

- Categoría: Patín en trampolín

1º  Pablo Suárez Lois ( 12 anos)
2º Carlos Villarín Fraga (16 anos)
3º Sergio Cebey Lamas (17 anos)

- Categoría: Patín en Rampa

1º Carlos Villarín Fraga (16 anos)
2º Adrián Vilanova Taibo (15 anos)
3º Sergio Cebey Lamas ( 17 anos)

Trofeo especial á mellor promesa:  Pablo Suárez Lois (12 anos).

O patín é un deporte seguro, sobre todo cando se practica nos lugares adecuados como parques e con supervisión. A rúa é o sítio máis perigoso para practicalo. O skate park é algo que os patinadores carballeses  están a demandar desde hai moitos anos. Os patinadores que participaron no evento quixeron dar exemplo aos máis pequenos utilizando todo tipo de proteccións.

Texto da nova:

Miguel Navaza
Bergantiños Surf Clube

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com