Roubo de neoprenos en Vigo

Recibimos un aviso de Rubén Forján por mor dun roubo na zona de Coia en Vigo de dous neoprenos, un Quiksilver Sincro 4x3 e un Rip Curl Dawn Patrol 5x4x3. A Rubén entráronlle pola cociña da súa California T4. Os ladróns tamén levaron un reloxo, gafas de sol e unha sudadeira. Se alguén pode axudar podedes falar con Rubén no seu facebook.

Eu mesmo sufrín outro roubo no verán no Monte Lourido no Concello de Nigrán na miña Mercedes Vito. Seica están aumentando estes roubos por toda a costa xa que somos un obxetivo fácil. A solución pode ser levar o can ou montar unha alarma no coche. Pero o mellor é non levar todo o material xunto no mesmo vehículo.

Tedes que levar un neopreno por día e como moito levas 2 pranchas e un xogo de quillas. Non levedes o quiver enteiro na furgo.

Contacto en:

https://www.facebook.com/rubenpadron


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com