Días de Maretón na Rede Galega

Estes días de forte vento e mar a blogoesfera surfeira galega non para de publicar fotos nos seus blogs das ondas que alcanzan praias e costa dun xeito impresionante.

Podedes mirar unha foto da praia da Lapa desfasada no blog dos mecos Ogrobesurfing.blogspot.com premendo nesta ligazón. No blog de Begofouz tedes unha boa galería fotográfica do Orzán desfasado.

Dende Boardculture.blogspot.com podedes mirar unhas fermosas ondas na praia de Santa Cristina que soamente funciona estes días de moito mar. No blog de Fiz Bertels atopamos fotos de días de maretón. No blog de Occy temos dúas noticias con fotos impresionantes destes días na costa ferrol, "Continua o temporal enriba dun bolo" e "Neptuno se mosquea". E pra rematar outra boa galería de fotos na costa coruñesa feita pola xente de OrzanBay.

Tamén tedes unha preciosas fotos no blog de Dani Almeida Surfinglifebydani.blogspot.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.