Reportaxe da Mariña en NaturalSurfing.com

Recollemos un artigo publico en NaturalSurfing.com sobre unha expedición feita por eles estes días na costa na Mariña. Ficaron impresionados da calidade das ondas, da soidade das paixases e da boa comida. Seica o seu obxetivo era chegar ata a Machacona onde fotografiaron a Estitxu e outros locais un día de sol e condicións perfectas como podedes mirar nas fotos.

"Tan cerca e á vez tan lonxe. As terras galegas están aí na esquina do cantábrico para todos os que queiran boas ondas. O frio, o vento, os maretones, o sol. Boa e barata comida e moitos segredos, non se se escondidos ou aínda sen descubrir. Longos quilómetros de costa para atopar recunchos onde poder pegarse un baño ou descubrir unha onda onde case non aparece xente. Non nos enganemos non é a indonesia perdida e en cada praia hai surfeiras que son locais pero a masificación en moitas delas non existe.

Só percorremos parte da costa de Lugo pero o suficiente para ir no coche pola costa e soltar unhas cantas veces “ehh, viches esa?” pero mira que boa.

As condicións para ese día eran de libro. Ondas de máis de 4 metros con períodos altos e un sol que raras veces segundo os locais brilla todo o día se hai ese tamaño de ondas. Anuncios como Rinlo estaban pasados e series enormes rompían no pico e nas que era imposible calcular o tamaño ao non haber referencia de surfeiros, pero…  estaba enorme.  Non me quero imaxinar o tamaño e as condicións tan épicas nas que rompería Illa Pancha ou as ondas que aguantan tamaño. Mellor nin imaxinalo.

Polo camiño atopámonos unha esquerda que parecía Mundaka, un piquito buenísimo de esquerdas e dereitas. Non estivemos con locais até chegar ao noso destino pero xa me gustaría tela a metade de sabedoría de ondas que poden ter eles cando as condicións son perfectas.

Todas estas ondas incluída a da sesión de fotos teñen nome (nós xa sabemos algúns) pero iso é algo que terás que pescudar por ti mesmo."

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.