Faltan 24 horas para recibir o primeiro maretón!


Este venres imos recibir a entrada do primeiro gran swell con ondas de 5 a 6 metros e periodo 14 segundo podedes ver no Windguru. O venres entra o golpe de mar pero o sábado vai ser o día máis grande con ondas acompañadas por vento sur. O Domingo tamén vai ser un bo día de surf pero con algo menos de mar. Recomendámosvos revisar sempre o invento, quillas e parafina e entrar cunha prancha adecuada ao tamaño das ondas.


A temperatura da auga mantense alta chegando aos 20-21º grados nas Rías Baixas e 18-19º nas Rías Altas e a costa de Lugo. A baixada da temperatura ambiente recomenda entrar cun 4x3 e meter o 3x2 no armario.

Boas Ondas a tod@s.

Fonte das imaxes: http://es.surf-forecast.com/weather_maps/Spain

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.