Situada a pé de praia en Mar de Fora, Fisterra, a vila máis emblemática da Costa da Morte, na nosa escola poderás contar con todo o material necesario para as túas clases de surf e rutas de paddle xa sexas neno ou adulto e poderás facer uso das nosas instalacións que contan con vestiario, duchas, parking e ata unha zona relax onde poder descansar gozando do sol e as vistas ao mar.
Simplemente tes que reservar a túa clase de surf por teléfono (657 814 375) e xa só terás q gozar das ondas e o mar co teu monitor titulado e en grupos reducidos de cinco persoas como máximo.
Ademais, poderás facer travesías en Paddle surf partindo da praia de Langosteira, a praia tranquila de Fisterra e contemplar a contorna desde un punto de vista diferente. Un paraíso natural de ondas, auga cristalina e incribles postas de sol espéranche este verán.
Ah! e pola túa seguridade, contamos cun seguro R.C. de responsabilidade civil e outro de accidentes para que te sintas o máis seguro posible. Ven a Fisterra e fai a túa reserva, non todo o mundo pode dicir que surfeou no fin do mundo!!