Comeza o Surf Film Festibal 2010

Xa está outra vez en marcha o Amstel Surfilm Festibal 8 que vai ter lugar en Donostia os días 10-13 de Xuño do 2010, este ano presentan un novo concurso de cinema de surf: THE SURF FILM CONTEST!! Un concurso internacional de cinema de surf dividido en 2 categorías: curtas e longametraxes.

SURF FILM FESTIBAL


a) Concurso de curtos de cinema de surf (Short Filme Contest)

Todos os curtos serán presentados a través da nosa canle en Dailymotion.com. O prazo de admisión dos curtos empeza o 15 de Febreiro e acaba o 15 de Maio 2010. Un xurado internacional (cuxa formación desvelaremos o 1 de Marzo) encargarase de outorgar os premios ás diferentes categorías (menos o do público). O premio grande (Mellor Curta do Xurado) está dotado con 1500 €; o resto dos premios serán anunciados tamén a primeiros de Marzo.

b) Concurso de longos de cinema de surf (Feature Filme Contest)

Este ano queremos ser unha auténtica celebración do mellor cinema de surf do mundo, queremos premiar ao mellor título de cinema de surf cun goloso primeiro premio de 6000 eurazos!! O prazo de entrega das copias que queiran participar no concurso péchase o 15 de abril de 2010.

Consulta as bases completas, categorías, datas, xurados e toda a información en www.surfilmfestibal.com

Así que xa sabedes: luces, cámara e acción!

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.