Obradoiro de Shape por Daniel Puga "Sefón"

DANIEL PUGA SEFON

Recibimos a noticia dun obradoiro de shape impartido por Daniel Puga "SEFÓN" en Lanzarote. Estes cursos de shape son de nivel básico, o curso vai dirixido a todas aquelas persoas que estean interesados en aprender a facer pranchas de surf. O curso é de 25 horas, 4 persoas por grupo e todo o material está incluido...

Info do Obradoiro de Shape:

  • 25 horas de práctica e teoría
  • Prácticas individuais
  • Cada alumno recibirá un equipo de shape profesional da casa "Shapers Australia" (unha das mellores), sen cepillo eléctrico.

- O equipo consta de tres mini cepillos para os rockers e curvas + un cepillo pequeno para para o resto do nervio.
- Tres tacos especiais (duro, medio e brando) con velcro e lijas de velcro  para shapear.
- Mallas para os cantos.
- Un calibrador para medir o grosor.
- Unha regra especial especial para pór medidas.
- Un "surfoam"
- Un foam para practicar,e que se entregará laminado ao final do curso.
- 6 noites en apartamento compartido polo grupo na vila de La Santa en Lanzarote.
- Un texto para reforzo e con medidas orientativas.
- Maximo 4 persoas por grupo
- Un certificado acreditativo de completar o curso, que aínda que non teña valor oficial, está claro que ten un valor profesional.

Daniel Puga: "Espero que estes cursos sexan de utilidade para o noso deporte, en canto ao seu desenvolvemento persoal e profesional, así a xente aprenderá a valorar máis o traballo que realizamos os shapers que traballamos a man polo noso esforzo e dedicación, que é onde esta o verdadeiro valor da prancha de surf."

O prezo do curso é de 1.495 €

{fcomments}


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.