Sorky Protection - Test de Material

SORKY PROTECTIONSorky-Protection é un novo sistema de protección para os teus oídos feito de silicona e unha membrana que permite o paso da presión e non ter perdas de equilibrio.

Este mes de outubro imos facer o noso segundo test de material probando este novo producto surfeiro de Sorky-Protection e logo publicaremos un artigo no que vos comentaremos as nosas impresións sobre este novo sistema de protección de oídos.

Os protectores de Sorky están feitos con silicona e teñen un deseño ergonómico e incorporan unha membrana que permite a respiración interna do oído pero non deixa pasar a auga. Un innovador sistema que está completamente pensado para os practicantes de surf e bodyboard.


Este protector é apto para todo tipo de oídos

1º Paso: Introduce o protector no teu oído

2º Paso: Empurra o protector co teu dedo.

3º Paso: Tira da orella cara atrás.

4º Paso: empurra o protector co bastón auxiliar e xa podes ir pra auga!

SORKY PROTECTION


Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.