A verdade sobre as parafas "orgánicas"

Hoxe apresentámosvos un informe publicado recientemente sobre as diferentes parafinas orgánicas que hai no mercado. Este estudo revela que varias destas marcas non son 100% orgánicas e teñen ceras derivadas do petróleo. É importante denunciar este tipo de enganos xa que podes ser un deses riders que emprega parafa orgánica pra non contaminar e pode que esteas a ser víctima dun engano.

As marcas analizadas neste estudo son: MATUNAS, GREENFIX, TERRAWAX, RAMSON, FAMOUS GREEN LABEL e STICKY BUMP SOY WAX.

SURF WAX

Cada día máis xente está preocupada pola protección do medio ambiente e aparecen máis produtos "verdes" por todas partes, especialmente na industria do surf. A parafina é un accesorio necesario que todos empregamos e por iso varias marcas lanzaron ao mercado diferentes fórmulas verdes estes 3 últimos anos. Nos paquetes destas marcas podes atopar as seguintes mensaxes:

  • 100% Orgánico
  • 100% Natural
  • Libre de Petroleo.
  • Unha mistura de ingredientes naturais e non tóxicos

O laboratorio francés RESCOLL Société de Recherche en Bordeaux analizou estas 6 parafas orgánicas e atopou que soamente unha GreenFix é 100% orgánica e libre de ceras de orixe petroquímicas. As parafas de Sticky Bump e Famous Green Label están feitas con cerás de orixe orgánico pero presentan trazas de ceras petroquímicas. E finalmente temos que resaltar que as parafas de Matunas, Terrawax e Ramson están feitas con ceras derivadas do petróleo e poden ser perigosas para a saúde no noso mar.

Tede moito coidado e non vos fiedes destes tres parafas: Matunas, Terrawax e Ramson

Podedes descargar este informe enteiro facendo click nesta ligazón:

DESCARGAR INFORME PARAFINAS ORGÁNICAS (PDF)


More information on Rescoll: http://www.rescoll.fr/gb/

Contact: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

RESCOLL Société de Recherche

Plateau Technique ENSCPB

16, av. Pey-Berland


F-33 607 PESSAC

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.