Nova surfcam en Oliñas grazas a Camaramar.com

Comezamos a semana cunha boa nova para os riders da Mariña que xa poden ver en directo o estado do mar en Oliñas e aforrar algo de diñeiro en desprazamentos co coche ata este areal da costa norte de Lugo. Esta nova surfcam está dispoñíbel grazas ao traballo do equipo de Camaramar.com

OLIÑAS SURF

A imaxe deste artigo foi tomada onte ás 13:15 horas e podedes apreciar o mar desfasado do Domingo. Camaramar.com é unha web que leva funcionando un par de anos grazas ao traballo dun excelente equipo formado por Manuel del Río (Corrubedo), Roberto López (Ferrol) e Miguel Iglesias (Donosti).

Podedes ver a surfcam online en:

www.camaramar.com/spots/olinas.html


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.