SurfMarket.org lanza un novo Directorio de Ondas

Surfmarket.org ven de lanzar un Directorio de Ondas que sirva como Guía de Ondas e Praias onde facer surf. Despois de varios meses de traballo en colaboración con varios blogueiros, escolas e fotógrafos da nosa costa como José Morandeira, Jesús Busto, Fotosplino, Oti Fernández, Yago Chamorro, Benito Oliveira, Julián Fotosurf, Prado Surf Escola, Iron Mountain, Kike Aradas e Pantín Surf Camp xa contamos con 46 spots de surf en Galicia.

A nosa idea é NON publicar localización de secrets spots, soamente recoller info sobre ondas que xa están publicadas en outras guías de surf en internet en inglés.

Na guía tamén atopará info de 11 ondas en Cantabria grazas a axuda de Ahau Surfschool e a Escuela Cántabra de Surf. En Canarias contamos con info de 30 spots en Lanzarote e Fuerteventura. A nivel mundial temos ondas en Java, Bali e Lombok pero pronto esperamos contar con novas ondas subidas polos nosos usuarios e riders.

Colabora con este proxecto e sube as ondas das túas viaxes polo planeta!

Podes visitar o novo Directorio  de ondas en:

http://www.surfmarket.org/es/surf-spots/olas-playas/Europa

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.