No ano 1778, o capitán Cook e os seus barcos, o HMS Discovery e o Resolution, fixeron a primeira visita rexistrada de europeos ás illas de Hawaii. Eles detiveronse na illa máis occidental no seu camiño dende Tahiti cara a costa oeste de Norte América.
Despois de fracasar no seu intento de atopar unha canle que comunicase o pacífico norte e o atlántico, Cook levou os seus barcos ao arquipélago das Hawaii e parou na illa máis grande. alí, na bahía Kealakekua, o capitan Cook atopou a morte cando tentou secuestrar ao xefe local pra forzar a devolución dun barco roubado.
O tenente James King foi ascendido ao mando do Discovery e asumiu a tarefa de completar o textos do capitan Cook. Despois da morte de Cook no ano 1779 pero antes de que os barcos Discovery e Resolution voltasen a Inglaterra, o tenente King escribiu dúas páxinas enteiras facendo unha descripción do surfing practicado polos locais na bahía de Kealakekua.
O seguinte texto é a primeira narración feita sobre surfing na historia da humanidade:
"Un dos seus entretementos máis comúns realízano na auga, cando o mar está crecido, e as ondas rompen na costa. Os homes, entre 20 e 30, diríxense mar adentro sorteando as ondas; colócanse tumbados sobre unha prancha ovalada aproximadamente da súa mesma altura, manteñen as súas pernas unidas no alto e usan os seus brazos para guiar a prancha. Esperan un tempo ata que chegan as ondas mais grandes, entón todos á vez reman cos seus brazos para permanecer no alto da onda, e esta impúlsaos cunha velocidade impresionante; a arte consiste en guiar a prancha de xeiito que se manteñan na dirección apropiada no alto da onda conforme esta cambia de dirección.Deste xeito, o tenente James King, commandante do Discovery, 1779, foi o primeiro europeo que fixo una descripción de xente practicando surfing nas ondas da praia. Pódese dicir que foi o primeiro xornalista surfeiro.
Si a onda dirixe a un deles preto das rocas antes de ser atrapado pola rompiente, é felicitado por todos. A primeira vista parece unha diversi ón moi perigosa, pensaba que algúns deles terían que golpearse contra as afiadas rocas, pero xusto antes de chegar á costa, se se atopan moi preto, saltan da táboa e mergullanse por baixo da onda ata que esta rompe, mentres que a prancha é trasladada moitas yardas pola forza do mar. A maioría deles é superado pola rompiente da onda, cuxa forza evitan mergullando e nadando baixo a auga para manterse fóra do seu alcance. Con estes exercicios, daqueles homes pódese dicir que son anfibios. As mulleres podían chegar nadando ao barco, permanecer a metade do día na auga e despois regresar nadando á beira. O motivo desta diversión é só entretemento e non ten que ver con probas de destreza, con boas ondas entendo que debe ser moi agradable, polo menos eles mostran un gran pracer na velocidade que este exercicio lles dá."
No ano 1779, surfear tumbado ou de pé, en pranchas de madeira era parte da cultura hawaiiana. O surfing estaba incrustado na sociedade, relixión e nos mitos. Os xefes demostraban as súas capacidades surfeando ondas, e a xente corrente era famosa ou non según como se movían na auga. Os antropólogos non saben exactamente como foi o desenvolvemto e a evolución do surfing na cultura polinesia, xa que non se coñecen con exactitude os movementos migratorios desta xente. sobre o ano 2000 antes de cristo, comenzou a migración dende Asia cara o Pacífico, colonizando un triángulo formado por Aotearoa (Nova Celandia) no sul, Tonga e Samoa no oeste, e Tahiti e as Marquesas no leste.
Por mor do incremento da poboación, os polinesios continuaron a súa migración cara o horizonte, e deste xeito os primeiros habitantes de Hawaii chegaron no século 4 despois de Cristo. As persoas que foron capaces de face-la travesía entre Tahiti e Hawaii foron homes e mulleres excepcionais cun profundo coñecemento e amantes do oceano. Os Polinesios levaron con eles as súas tradicións, incluido o paipo (bodyboards). Seica os tahitianos surfeaban tumbados pero o arte de surfear de erguido foi inventado en Hawaii.
Cando o capitan Cook chegou a Hawaii, o surfing levaba xa moitos seculos enraizado na cultura e lendas da poboación. Os nomes dos lugares tiñan orixes en acontecementos lexendarios. Os kahuna (sabios) cantaban poemas pra bautizar as novas pranchas de surfing, e dar aos homes e mulleres coraxe dabondo pra surfear ao grandes ondas. Os hawaiianos non tiñan escritura e por mor diso a súa xenealoxía foi consevada mediante cancións e poemas. Tiñan historias lexendarias de amor, vidas arriscadas e feitos heroicos realizados polos xefes o por a xente do pobo.
Antes da chegada dos europeos, Hawaii era gobernada mediante un código, o Kapu, o cal regulaba case todas as costumes e xeitos de traballar da xente, como comer, com ocultivar, como predecir o tempo, como surfear, etc... A sociedade hawaiiana estada dividida entre a monarquía e o pobo, o código tamén gobernaba o surf. Había praias e reefs onde surfeaban os xefes e outras pra xente que non pertencían as clases altas. A xente común surfeaban tumbados en paipo ou erguidos, alaia, en pranchas de surfing ata 12 pes, mentras os xefes surfeaban en pranchas olo de ata 24 pes de lonxitude.
Asemade o Kapu perdia forza na sociedade, o surfing tamén. Agora unha persoa corriente podía surfear nos picos dos reis sen temor a perder a súa vida. Isto tamén supuso a perda dos ritos surfeiros máis antigos, cantigas surfeiras, ritos de construcción de tablas, os deuses do deporte e outros elementos sagrados foron eliminados.
A decadencia da cultura hawaiiana acelerouse cando chegaron os misioneiros calvinistas co obxetivo de converter aos hawaiianos ao deus verdadeiro e falar no nome de Xesus no ano 1820. Ao princio resistiron pero ao final o cristianismo foi suplantando os vellos deuses.
Os calvinistas insistiron en que os hawaiianos tiñan que levar pantalóns, aprender a ler, escribir, traballar máis e xogar menos.
O resultado da colonización foi a drástica reducción no número de habitantes das illas, calcúlase que en 100 anos dende a chegada dos europeos a poboación pasou de 400.000 a 40.000 persoas. A pesar de todo isto o surfing resistiu e non desapareceu de Hawaii.
No ano 1851, o Reverendo Henry T. Cheever observou surfing en Lahaina, Maui e escribiu sobre iso no seu libro, Life in the Hawaiian Islands, The Heart of the Pacific. "É fascinante pra un estrano ir a parte sur desta vila co mar revolto sobre o reef e observar os rápidos movementos e a velocidade dos surfeiros. O surfing é moi atractivo e está cheo dunha excitación salvaxe e moita vitalidade. supoño que pasarán moitos anos antes de que a civilización entenda e mire con indulxencia este perigoso pasatempo"
O Surfing non morrera ao remate de 1800 pero estaba en decadencia como o resto de costumes hawaiianas. Despois de 125 anos de contacto (conquista) europeo case todo estaba perdido... Houbo unha revolta popular en contra dos caciques das plantacións, homes de negocios, misioneiros, monarcas locais e o exercito americano pero non tivo éxito.
Eles querían manter Hawaii como unha nazón libre e soberana pero no nfoi posíbel e cano a Raiña Lili'uokalani tentou recuperar o trono foi feita prisioneira.
No ano 1898 os Estados Unidos de América anexionaron Hawaii como parte do seu territorio e comezou a historia do surf moderno no século XX.
Artigo completo orixinal en inglés en: www.surfingforlife.com