Excelente vídeo histórico da familia Irisarri no ano 1982 no Pico de Patos. Esta familia foi a precursora do surf nas Rías Baixas e tamén na costa de Ferrolterra onde outra parte da familia reside e que agora Jesús Busto recolleu nunha longa entrevista que en breves sairá á luz. Como sempre ficamos abraiados polo traballo de Jesús que non para na súa laboura de colleitar información sobre as orixes do noso surf.
Tedes parte da entrevista e máis info sobre este espectacular vídeo en:
http://desdelacroa.blogspot.com.es/2012/07/historias-el-descubrimiento-del-pico-de.html