Limpeza de Praia en Doniños - 21 de Marzo

Jesús Busto - Este domingo terás a oportunidade de participar un ano máis na campaña de Limpezas de Primavera que desde hai 15 anos organiza Surfrider Foundation en Europa. O obxectivo da campaña, ademais de limpar, é lanzar a mensaxe á sociedade de que habemos de actuar rapidamente en favor dos mares e os océanos.

Como desde hai 11 anos o Océano Surf Club súmase á campaña organizando unha limpeza na praia de Doniños, á que estades todos convidados. A cita é o domingo día 21 ás 12:00 horas, no aparcadoiro de Outeiro. Podedes consultar onde se celebran outras limpezas picando nesta ligazón.

Trátase dunha moi boa oportunidade para que devolvamos ao océano, e a todas as especies que habitan nel, unha pequena parte das inmensas satisfaccións que nos dan, ofrecéndolles por unhas poucas horas o noso esforzo.

Ademais da de Doniños, hai organizadas xa máis de 750 limpezas noutros puntos de Europa.

A limpeza do domingo terá continuidade o vindeiro xoves día 24 con outra nova acción que se organiza xunto co colexio Mercedarias de Ferrol.

Esperámosvos.

Máis info en:

http://oceanosurfclub.blogspot.com/

http://desdelacroa.blogspot.com/

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.