Surfing -
Outras
|
Martes, 19 Decembro 2017 17:07 |

O vindeiro día 23 de Decembro ás 11:00 horas chegan os famosos Papa Noeis surfeiros á praia de Patos e como en anos anteriores tamén solidarios. Santa Claus non se despraza en trineo por estas latitudes, faino sobre a táboa de surf, máis por diversión que para poder carrexar os agasallos dos nenos. Van 11 edicións nas que celebramos o Nadal ao grande cos seus Papa Noeis surfeiros, que cambian o tradicional abrigo, por traxes de licra de cor vermella. |
Ler máis...
|
Surfing -
Internacional
|
Martes, 19 Decembro 2017 11:01 |
John John Florence é o novo campión mundial de surf despois de meterse nas semifinais e grazas á derrota de Gabriel Medina na súa manga ante Jeremy Flores en cuartos. John John enfrontouse a Flores nunha final con poucas ondas pero dominada polos tubos na que Jeremy conseguiu a victoria.
|
Ler máis...
|
Surfing -
Internacional
|
Luns, 18 Decembro 2017 10:14 |
Xa podes ver o resumo oficial WSL coas mellores ondas da terceira xornada do Billabong Pipe Masters de 2017. Centos de espectadores puideron gozar dos mellores surfeiros do planeta en condicións esixentes e a loita polo título mundial.
|
Ler máis...
|
Surf & Ciencia -
Historia
|
Luns, 11 Decembro 2017 15:14 |

O Océano Surf Museo xa está aberto e podes pasar de visita pola Casa da Cultura de Valdoviño pra ver táboas de surf históricas e aprender cousas novas da historia do surf. Enderezo: rúa Centro Saúde, nº58. Horario de visitas: de luns a venres no horario habitual da Casa da Cultura: 10 a 14h. Sábados, domingos e festivos (excepto o 24 e 31 de decembro, e o 1 de xaneiro). Horario: de 12 a 14h e de 16 a 19h. Entrada gratuíta. |
Ler máis...
|
Surfing -
FGS
|
Xoves, 07 Decembro 2017 11:39 |

Primeira edición deste curso no que un dos adestradores máis importantes a nivel nacional exporá o seu coñecemento en estratexia e adestramento de competición. Kako García impartirá formación sobre o adestramento para a competición, que demostrou e mellorou na súa traxectoria como adestrador en surfing. Este curso de formación desenvolverase en 2 xornadas, o venres 15 de decembro de 16.00h - 20.00h e sábado 16 de decembro de 10.00h - 14.00h + 16.00h - 20.00h. Un total de 12 horas.
|
Ler máis...
|
Paddle Surf -
Campionatos
|
Mércores, 06 Decembro 2017 13:15 |

Sanxenxo acollerá, os días 9 e 10 de decembro, a cuarta edición da proba internacional A Lanzada Ocean Race na que se darán cita os mellores especialistas de surfski e padel surf. Faranse dúas saídas, unha desde a praia da Lanzada cun percorrido de 15 quilómetros, e a outra desde a praia de Major, de 7 quilómetros; aínda que a meta para ambas as modalidades estará instalada en Portonovo.
|
Ler máis...
|
Surfing -
Sesións de Surf
|
Martes, 05 Decembro 2017 16:56 |
Novo vídeo da escola 'La conservera del Surf' gozando dunha sesión de Outono xunto ao noso amigo Kepa Acero. Monitores e embaixadores como Nico Peña, Michi Gómez, Jaji Iglesias e Juan Jamardo compartindo ondas nalgún spot entre Vigo e Oporto |
Ler máis...
|
|
Natureza -
A Costa
|
Martes, 05 Decembro 2017 12:47 |
O 3 de decembro de 1987, o Casón, un cargueiro panameño que transportaba produtos químicos desde Holanda a Xangai, sofre, á altura da costa de Finisterre, un corremento da carga que o obriga a pedir auxilio ás autoridades galegas. Os servizos de rescate que acoden ao encontro do buque, volven a terra cos cadáveres de 23 mariñeiros.
|
Ler máis...
|
Bodyboard -
Sesións Bodyboard
|
Sábado, 02 Decembro 2017 11:40 |
Novo vídeo de surf e bodyboard gravado dende a auga por Jesurf e os seus amigos na catedral do surf galego, a praia de Pantín. |
Ler máis...
|
Surfing -
FGS
|
Xoves, 30 Novembro 2017 19:10 |
A Federación Galega de Surf convoca unha reunión coas escolas de Surfing co propósito de realizar un balance de situación do ámbito formativo do Surfing de Galicia durante o 2017, e así expor un modelo de xestión das Escolas de Surf Oficiais para o 2018.
A actividade docente en Surfing é considerada pola FGS como un dos servizos de maior potencial e importancia nas praias de toda Galicia. Esta actividade, ademais de ser produto turístico importante e dinamizador económico, supón o alicerce básico na educación de persoas sobre os comportamentos adecuados nun espazo natural, cambiante, perigoso, de dominio público e alta intensidade de uso como o son o mar e as praias. Consciente deste valor, a FGS mediante consenso e colaboración coas escolas, procura promover e mellorar unha docencia en todas as súas escolas oficiais que ensine aos alumnos condutas apropiadas para a sustentabilidade social e ambiental destes espazos.
|
Ler máis...
|
Longboard -
Sesións Longboard
|
Xoves, 30 Novembro 2017 18:56 |
As luces da tarde desvanécense rapidamente e o sol afúndese no horizonte. Esta é unha historia mínima sobre un tipo afortunado que se divirte nese instante. Surfer: Dani Alvite. Vídeo de Octavio Mazza.
|
Surfing -
Campionatos
|
Martes, 28 Novembro 2017 12:11 |

O mellor surfeiro galego de todos os tempos, e actualmente o mellor nacional e subcampión europeo WSL, volve á súa praia como cada ano para celebrar o Gony Z Series. Trátase dun divertido evento aberto para todos os surfeiros e totalmente gratuíto. A idea é gozar xunto a Gony Zubizarreta de toda a súa experiencia e compañía. Nesta terceira edición chega a consolidación con considerables cambios e teremos tres categorías e moitos premios.
|
Ler máis...
|
Surfing -
Sesións de Surf
|
Luns, 27 Novembro 2017 10:38 |
Novo vídeo de surf gravado por Maryam Portabales e os seus amigos en diferentes sesións a última hora do día nas Rías Baixas galegas.
|
Surf & Ciencia -
Tecnoloxía
|
Venres, 24 Novembro 2017 10:22 |
O Instituto Tecnolóxico de Galicia leva tempo desenvolvendo un trebello, chamado Flythings surf, pra podermos aplicar a telemetría ao mundo de surf e poder coñecer todos os datos dun surfeiro cando esta a sobre a onda. Deste xeito e posíbel saber todo o relacionado con forza dos xiros e a velocidade na onda, e facilitar a comprensión do noso xeito de surfar.
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 6 de 280 |